Posts tagged: media ignorancia

Rematou o espectáculo?

Despois de estar os 33 mineiros chilenos salvos e coa sua gente, marcharon de alá as cámaras, os reporteres, os perruqueiros e fornecedores de artigos variados: bandeiras, puchas…Rematou o espectáculo e aqueles homens foron salvos. Eis a boa nova. A mala, a mala nova, é que as condições, que os levaron a aquela situación a eles e a milheiros coma eles que nunca sairán nos ecrãs das nosas casas, van seguir coma sempre.

saturados de BBs, de Sálvames e Luares, os medios venhem de atopar umha nova mina: a retransmissóm de catástrofes diferidas no tempo. Pode que algúm as provoque para retransmitilas despois, porque the show must go on.

Os medios: Eis o espelho desta nossa sociedade.

Staypressed theme by Themocracy