Foi a ditadura de Franco un fascismo

Umha máis que interesante dissertação sobre o  carácter político e ideológico da ditadura do generalinho Franco. Moito precisa para comprender o devalo do regime e a pervivencia do fascismo nacionalista católico na sociedade e na “democracia” espanhola.

Um parágrafo: En realidad. después de treinta años de Transición a lo que asistimos es a que, acabada la escenificación del olvido, entra con fuerza la visión revisionista de la historia. ¿Franco fascista? ¿Nazis en España? No, por favor, no…, el legado revisionista de la Guerra Fría pasa a ocupar su lugar y se denota como algo muy  práctico. Puede bastarnos con un ejemplo: el expresidente José María Aznar ha empleado en numerosas ocasiones  el apelativo «fascista» como algo negativo, asociado a crimen político, violencia, terror, prácticas antidemocráticas. La palabra forma parte de su actual credo cotidiano. Pero lejos de suponer esto una prueba de conciencia democrática, el uso y empleo del término por parte de la clase política conservadora española  es fruto tanto de la desmemoria como de las lecciones de factura neoconservadora procedentes del otro lado del Atlántico. Aznar ha olvidado conscientemente la imagen de su propio padre, Don Manuel Aznar, vestido con el uniforme del partido único, con su camisa azul y corbata negra, con su casaca blanca con las condecoraciones y toda la parafernalia simbólica de la letal variante hispana del fascismo. Las fototecas están ahí, no obstante, y son recuerdo notario del pasado.

Nós contra eles

Ese é o título dun interesante comentario sobre a descuberta desde wikileaks das “irregularidades”  das forzas imperiais e cipaios nas guerras contra os pobos de meio Oriente. Que alguén se sorprenda na altura destes feitos pon á vista umha outra vez a ignorancia e a necedade voluntaria dos nossos mídia ergo das nossas sociedades. Ja logo diante de novas coma esta pode levar a preguntarnos canto tempo lhe levará ao CGPJ (a que sona a Gestapo) a anular o auto de Pedraz e a cuestionar canto tempo lhe queda a Pedraz como juiz…porque meus senhores blandiglú, bem sei que nom acreditan, mais estamos en guerra

A cidade da paz celestial

Esa é hoje Compostela…ou así semelha. Despois da fin de semana máis crúa, por fin deijou de amolar o rumrum obsesivo do helicóptero da policía día e noite e hai lugar para respirar. Non mirei moito nas rúas, abondou con dar umha volta o sábado e ver a cidade ocupada por centos de macarras armados para tentar impedir que o independentismo se fixera visible nas rúas, mentres ducias de cofradías da seita católica paseaban os seus emblemas a carón deles. No momento, sen dar sinais de afectación polos feitos uns amosaban que para eles o 25 de julho é unha romería, outros amosaban que en moitas cousas seguimos na Idade Media e a masa ignorante aplaudía o fogueteo no que se convertían en fume os impostos que pagan.

Ese é o país de merda, como tantos outros países de merda, no que vivo. Por iso hoje, que todo semelha normal, tenho esa sensación de paz

Chuza! Punto final

Por sorpresa Berto Yáñez anunciou o peche de Chuza! para as 23:59 deste 25 de julho. Mágoa, si, pero ben mirado sorprende a pervivencia de Chuza! todos estes anos. Chuceira desde 2006 (sona a anuncio de cerveja) atopei en Chuza! un lugar común de confronto, amigabel as máis das veces, de ideas, sentimentos, raibas e ledicias.

Sorprende a pervivencia porque non é doado atopar na rede un espazo tan libre, tan serio e tan efectivo como Chuza! Sorprende porque non é doado atopar un espazo no que un creador tenha a capacidade de botar para adiante un projecto difícil, tendo en conta o nque era a rede galega en 2005-2006 coa cumplicidade dun fato de amigos e amigas e seja quem de apartar as mans, que non o control, da criança e deijala medrar de seu.

Non sei que vai pasar de agora en diante, pero moito temo que o baleiro que deija Chuza! vai ser pretensamente ocupado por opcións non tan libres, non tan serias, non tan eficaces. Ogalha estea errada.

Con um moito obrigado a Berto por saber facer tan bem e a toda a comunidade chuceira por saber tan bem facer, esta noite, ás 23:59, vou botar un tróspiro de canha e dicir baijinho, que é como se din as cousas importantes, Morreu Chuza! Viva Chuza!

Staypressed theme by Themocracy