Category: ghalerna

Semana Conde Roa

Bom, visto o visto, há que ser agradecidos. Obrigado cidadão compostelão que mandaches cos teus votos a Gerardo Conde Roa para vereador. Daquela era Bugalho, o fascismo cínico, quem amolava á cidadanía com o silenzo cúmplice dos seus colegas de confraría. Agora, graças a ti, temos no governo o fascismo palhaso. Mudamos um José Antonio por um Mussolini.

Aborrecidos estavamos co tristóm de Bugalho tentando pechar locais com peregrinas excusas legais, antes fora máis bruto em sua persecução da Casa Encantada, multando moços por pintar murais abandonados, mesmo coa licenza dos seus proprietários, sancionando asociações por pendurar faixas em actos sociais (sardinhada do san joão) em paredes sensiveis… Agora temos outro que faz o mesmo, pero no entanto dá risa…e provoca maís e melhor  combatividade.

Domingo: eleições e celebração

Segunda: Não estou para nimguém!

Terza: Chamando todo o día para a delegación del gobierno, preparando o despejo da sala Yago

Quarta: Agitação e combate contra a kale borroka. Stress, quere dirigir as operações e não o deissam

Quinta: Parte de guerra ante a imprensa pagada. Junta reparadora com a supremazista Gloria…love is in the air e celebração

Sexta: Não estou para nimguém! Falem com Angel Espadas. Ah! que tenho de ir a inaugurar a rúa Don Manuel, bem, mas uma cousa rapidinha, eh!

Sábado: celebração semanal

Domingo: Não estou para nimguém! Vaiam para a misa!

watch?v=w8F7neVTvbE

Não digam que não e bacana

empresariado moderno espanhol

Mata

El Ministerio de Cultura contrata a una empresa por unas obras. La empresa subcontrata a otra para poner un ascensor. La del ascensor subcontrata una más para los servicios de limpieza. Y el lunes, a las once y cuarto de la mañana, en el Museo Nacional de Antropología, el ascensor aplasta a la empleada que había bajado a limpiar el foso. Medidas de seguridad: ninguna. Coordinación, prevención: ninguna. Precariedad: toda. La víctima se llamaba Dolores S.R. y tenía treinta y siete años.

Dolores

País bipolar

O governo anuncia que vai recortar a renovação do profesorado a un 30%. Peor ratio=peor educação. Tanto tem, não precisamos educar á carne para o picadinho  da dominação que vem… ja temos cidade da cultura!. Isso sim, os sindicatos do gremio atingido han fazer as correspondentes processões e rogativas.

Mentres, a Galiza X&%$”? anda moi atarefada machucando a uma pobre parvinha e promocionando um imoral concurso fascista, intrinsecamente fascista,  de uma canle de TV berlusconiana. Ao tempo reclama que os nossos exploradores sejam os nossos filhos de puta. Éche o que há.

Aínda bom é que há quem comprende e explica perfectamente o que somos.

Juntos mais fortes

Era uma cantilena do Juan Pardo coa que nos abrasabam há anos os altofalantes dos carros electorais do PP fraguiano.

Hoje é a palavra de ordem: temos de remar juntos para seremos mais fortes e sair da crise.

Podem mirar aquí como os nossos esforços logram recompensa

Intolerável agressão imperialista

A Força Aerea dos EUA vem de advertir que aceder á informação disponibilizada por wikileaks é um ato de espionagem.  A “razão” é que o material de dominio público en wikileaks é classificado como secreto e que a parte contratante da primeira parte é público a parte contratante da primeira parte da parte contratante é secreta e como não foi desclassificada como secreta pela primeira parte, pois isso: que vocé pode ser punido por espião.

Se quadra lho exprimem melhor aquí

Desde este blogue protestamos energicamente contra esta intolarável agressão das forças armadas do imperialismo. Essa lucidez é nossa. Os galegos somos os únicos habitantes do planeta que podemos razoar assim: Não ao imperialismo! Não a ingerência imbecil! A inteligencia é nossa e não da Força!

A ligação da ilustração não tem preço para os amantes do bizarro.

Quem é que somos?

O 27 de janeiro, día de greve geral na Galiza (disque), en Espanha se juntaban quem di que nos representa para fodernos máis. E nós, nom temos máis que dizer. Éche o que hai, que lhe imos fazer, e logo!

O assunto ese da idade de reforma (a.k.a. pensións) tem a mesma nai que as congelações de salarios, as perdas de dereitos, os prezos abusivos para os fornecedores e para os consumidores (sabían que na feira de Silheda da semana passada venderon un pucho por 3 euros?!). A nai é  a codicia e bom vivir de ums poucos que sabem como roubarnos.

Metam aos professores universiários em essa corda de banqueiros, políticos, comisionistas e intermediarios e assim pode que meca! caigham da burra de por que botamos o día a discutir que se anos de cotização, que se tempo trabalhado, que se cotas da seguridade social, que se planes de pensiones… tal qual imbéciles. O diz um sábio! O diz uma fonte solvente e titulada! O diz uma voz autorizada!. Mágoa que nom tivesen acerto esses “sabios”  solventes, titulados e autorizados para saber que vinhamos a rematar acó…ou SIM sabían?

Faça uma pregunta: Onde está o dinheiro? E feita essa pregunta mudem sua mentalidade fiscal e ponham a cotizar ás maquinas, para que seu rendemento vaia para máis recursos sociais e menos pazos e carros. É uma causa de justiça, porque essas máquinas, essas tecnologías forom criadas co dinheiro e pessoal finanzado por nos e explorado ja logo polo capital.

A historia é dos que figerom que todos generasemos plusvalías para manter o nivel de vida celestial de moitos. É hora que que o flujo de pluvalías gire 180º: crise? non há capital? onde estão os quartos?

Modos de ser

Á basca para lhe dar polo cu há que viola-la e ter conta de que após disso nom chegue a vingança.

Á catalá podem lhe dar polo cu, mas co cronómetro na mão e pagando muito preço.

A galega põe o cu, mete-a, move-sse, suga as impurezas no remate e pregunta se gozam antes de convidar para volver quando gustem

27 de janeiro

Telefone de aludidos

Há que mirar para a Italia, definitivamente.

Haberá quem diga que isto é o cume da democracia. O facto de ter um presidente de um estado,  nom um presidentinho de qualquer autonomía espanhola , pendente da TV para seguir os espaços televisivos que falam dele e que, para máis,liga para a emisora para intervir en directo coma se fosse um aldrabão, a min se me fai repugnante, demencial, e aterrorizador. Votamos em um presidente para que faga isso? A resposta é “Sim!”

Terror.  E contra terror…

Acrescento uma prelecção de um interesante artigo em espanhol sobre o assunto, aínda que acho que sua proposição pacifista não é a melhor:

El nuevo autoritarismo no utiliza mascaradas con uniformes pardos o negros, liturgias delirantes, brazos en alto, oleadas de banderas y símbolos totémicos. Este autoritarismo controla medios de comunicación para desinformar, engañar, hipnotizar y manipular. Mentira y desfachatez son sus reglas para mantener ignorante, desorientada y adormecida a la ciudadanía y vaciar la democracia.

Este autoritarismo, camuflado de democracia disminuida (casi reducida a ritual electoral), se agudizó al inicio de la lucha contra el terrorismo a principios de siglo. Este autoritarismo ha sido y es violación de derechos cívicos y políticos. Pero hoy, la crisis ha dado alas y pretextos a los poderosos para asaltar también los derechos económicos y sociales. Y reducen o eliminan derechos laborales, disminuyen pensiones, recortan presupuestos de salud y educación públicas, hacen inalcanzable la vivienda, desahucian en masa a ciudadanos pobres…

Coma nenos píos con disfrace de mártir de Fran P. Lorenzo (censored)

As minorías, sempre despreciadas por Feijóo, van sufragar cos seus cartos a diatriba papal

Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.

O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías –máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo– contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.

O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .

Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.

O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween –o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos– vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para “estimular” a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.

Algúm día

Os média e a história han falar de genocídio, crime contra a humanidade e a nossa sociedade limpará a consciência condenando os criminais que van seguir a súa vida nun segundo plano como se nada sucedera.

Pero esse día ja será tarde para as vítimas

Staypressed theme by Themocracy